Reflexións sobre o libro: “Amar sin miedo a malcriar” de Yolanda González Vara

Dende o colectivo Bosque de Bolboretas queremos compartir algunhas lecturas que as diversas persoas que conformarmos este grupo imos lendo, co obxectivo de inspirar, axudar ou crear debate sobre a crianza e o acompañamento de nenas e nenos.


Mónica recomenda esta lectura: “Amar sin miedo a malcriar” de Yolanda González Vara.  (O libro pódese atopar en diferentes bibliotecas municipais de A Coruña e Oleiros).

Precioso libro que che achega ao corazón e só dende el pode producirse o verdadeiro cambio.

  amar_sin_miedo_a_malcriarCon linguaxe sinxela e respectuosa axúdache a comprender o proceso evolutivo dos nenos (actuacións e necesidades propias de cada etapa). Un cambio de perspectiva, ao poñer o punto de mira no adulto e non n@ nen@, cambiando @ adult@ cambia @ nen@. Para iso faise necesario comprender a historia de cada un, a nosa nenez e posterior crecemento. Abrazando e aceptando a nosa infancia (historia) e comprendendo as necesidades d@ nen@ é coma se o corazón se abrise e facilitase a entrega de amor aínda cando non o recibíramos en abundancia, porque quizais xa prefiras máis dar que recibir. O libro non recorre á culpa, que limita, se non á responsabilidade que habilita e empodera, sempre dende o respecto a cada ritmo e situación particular de cada familia/institución.

Que importante é asumir qué somos nós as persoas adultas, e que @ nen@ só lle toca iso, ser nen@ e actuar como tal.

Grazas á persoa que fixo que chegase ás miñas mans. Recomendable para pais, nais, avoas e avós, para persoal educativo e sanitario, para todo aquel que estea en contacto coa infancia ou simplemente en contacto cun mesmo.

 

About bosque_de_bolboretas

Aprendizaxe libre e vivencial
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.