AVISO: Aforamento completo na charla do día 23. Aberta lista de espera. Aínda quedan prazas libres no curso do día 24.
Dende o colectivo Bosque de Bolboretas temos o pracer de contar con Isabel Fuster para impartir unha formación dirixida especialmente a familias e profesionais que traballan en relación con nenos e nenas.
Charla pública: A importancia da vinculación na memoria emocional temperá: Base para poder crecer e desenvolverse.
DATA E HORA: Venres 23 de marzo de 17:00 a 19:30h.
LUGAR: Escola Infantil Municipal A Caracola. Rúa Illas Cíes, s/n – Zona Novo Mesoiro (A Coruña)
Prezo: Charla aberta (de balde) ata completar aforo.
Curso: Acompañamento emocional á infancia na etapa de vinculación coa persoa adulta (0-12 anos): Seguridade do Vínculo. Aspecto Corporal, Mirada e Empatía.
DATA E HORA: Sábado 24 de marzo de 9:30 a 14:30 e 16:00 a 19:00 h.
LUGAR: Centro María Blanco. Rúa Riazor, 7 – baixo (A Coruña)
PREZO: 70€ por asistente.
A reserva de praza realizarase mediante pago do 50% (35€) por transferencia ou ingreso no seguinte número de conta: ES74 1465 0716 51 1718254339.
O 50% restante (35€) abonarase en man o mesmo día do curso.
“Con frecuencia, esquécesenos que @s nen@s non conviven, máis que por obrigación, no noso mundo adulto poboado de discursos intelectivos. E aínda que fósemos nen@s algunha vez, cústanos lembrar que o estado natural dunha nen@ é permanecer nun universo sensorial e perceptivo, máis “abaixo e dentro”.
A maior parte das persoas adultas foron saíndo progresivamente daquel estado para atoparse máis “arriba e fóra”, onde se “entende” o mundo desde o intelecto e utilízase, no maior número de ocasións, o discurso falado como único medio de comunicación. A dificultade no “encontro” e na comunicación que @s adult@s, nais/pais, educadores, teñen hoxe en día coas nen@s, a pesar do gran avance deste século en coñecemento sobre formas de aprendizaxe e sensibilidade infantil, é notoria. Unha longa lista de estratexias a base de premios e castigos frecuentes deixa testemuño dunha educación obstaculizada onde amb@s, nen@s e adult@s, senten impotencia e frustración no medio do amor que os vincula.”
Fragmento do libro “Bienestar Emocional“
PROGRAMA:
Curso:
- O vínculo. A necesidade vital.
- O desenvolvemento da empatía: A importancia do reflexo. Contacto visual e físico mamá-bebé.
- Bases de seguridade para @ nen@. Proximidade continua mamá-bebé.
- A angustia de separación. Mamá e bebé xa non son un.
- O berrinche. Un camiño cara á autonomía persoal. Pegar, gritar, morder, chorar….O papel da persoa adulta nesta fase.
- Firmeza con amor nas nais/pais. A importancia da frustración. O equilibrio entre autoritarismo e permisividade. Os límites.
- Nais/pais diferentes. Modelos educativos diferentes.
- Como nos vinculamos coas nen@s. Diferenzas e resultados dos diferentes estilos.
- O desenvolvemento da Resiliencia. A forza psíquica.
- Nen@s diferentes. Necesidades particulares.
- A separación progresiva.
IMPARTE: Isabel Fuster
- Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e psicoterapeuta con formación jungiana, humanista e sistémica.
- Coautora do libro “Bienestar Emocional”, publicado pola Editorial Dykinson e coordinado a través de la Universidad de Murcia.
- Titulada en Pedagoxía do Abrazo de Vinculación pola Escola Zhab e.V Zentrum für Halt und Bindung e.V. (Alemania), avalado por Jirina Prekop.
- Foi Profesora de Posgrao de Psicomotricidade na Universidade de Valencia e é Profesora de formación continua para profesores.
- Exerce desde hai 17 anos como psicoterapeuta individual, de parellas e familias na súa consulta privada e como profesora e conferenciante en institucións públicas e privadas.
PARA DÚBIDAS: espazo.libre@gmail.com
INSCRICIÓNS: Dado que o aforo é limitado, é preciso inscribirse previamente para asistir, tanto a conferencia como ó curso, a través do seguinte formulario.
Nota informativa: a pesar de que conferencia e curso son dous actos independentes e unha persoa pode inscribirse nun ou en ambos, Isabel Fuster entende ambos eventos como parte da mesma formación, e tratará na conferencia aspectos de base que se usarán no curso.
Ao cumprimentar e enviar o seguinte formulario acepto expresamente a política de privacidade.